Entrevista completa para artículo publicado en Europa Press

  • Cantas mascotas acolleron dende o comezo da pandemia? (Se non cifras exactas, aproximadas. Ou sinalar se houbo un crecemento/decremento pronunciado).

  • Como cambiou a situación con respecto ao verán pasado (ano non xacobeo) a este? (Empeorou, mellorou, en que medida, etc).

A situación dos animais que se atopan en condición de abandono ou extravío no rural (que é o noso ámbito de actuación) non variou moito por motivo da pandemia, como tampouco o fixeron as solicitudes de adopción. Si ben é certo que no primeiro semestre do 2020, tanto as entradas como as saídas foron especialmente escasas, no segundo semestre a situación regulouse e xa neste 2021 as cifras son similares ás de anos anteriores. 

Con todo, é importante ter en conta que o verdadeiro drama dos animais (concretamente dos cans) non está nas rúas, senón de portas para dentro. O abandono é unha forma máis de maltrato e non constitúe máis que a punta do iceberg (a parte máis visible, pero tamén máis pequena) do enorme problema de violencia e desprezo contra os animais no noso pais, producto dunha carga cultural especista e cruel con estes seres indefensos, pero tamén dunha exaxerada laxitude e inoperancia das autoridades encargadas de velar pola protección dos animais. 

O certo é que a maioría dos cans no rural en Galicia malviven atados ou encerrados para sempre, na maioría dos casos illados e padecendo outros sufrimentos engadidos, como fame, frío, calor, enfermidades e nalgúns casos tamén agresións físicas, alem das habituais agresións verbais (¡que lle vai decir ao seu can unha persoa que o mantén constantemente atado a unha cadea!). Malia que estas prácticas están actualmente prohibidas pola Lei 4_2017 de protección e benestar dos animais de compañía, ata o momento ninguén se encargou de informar á poboación delo nin de educar e sensibilizar para modificar estes comportamentos. 

É máis, moitos deses cans e cadelas que aparecen “abandonados” realmente están deambulando polas rúas porque conseguiron fuxir do seu encerrro. Ou trátase de cans vellos ou enfermos que tras pasar toda a súa vida encadeados ou encerrados, son finalmente ceibados polos seus donos para que non se lles morran ahí e non para non ter que xestionar o cadaver. De feito, hasta ahi un par de anos, era moi habitual recibir chamadas de estos individuos para que lles foramos a recoller o can á casa. 

O abandono é a forma de maltrato máis visibilizada na nosa sociedade simplemente porque é o que está máis a vista de todos e causa mala imaxe social. Tamén porque un animal deambulando polas estradas pode provocar accidentes de tráfico. Por suposto, a obrigatoriedade de recollida e custodia dos animais que andan polas rúas e os  custos que esto provoca nas Administracións locais é o que realmente lles preocupa, polo que os esforzos unicamente se orientan a que esto non suceda, e decir, a que os animais se queden nas casas estéan estes nas condicións que estean. Por iso é un pouco falacia falar do problema do abandono, xa que, malia que por suposto existe, non é máis que a punta do iceber do sufrimento que padecen cans e gatos no noso pais e das infraccións administrativas ou delitos de maltrato que se comenten. 

  • Cal é o principal motivo polo que unha persoa que faga o camiño de Santiago logo decide abandonar a súa mascota?

  • Como credes que se pode paliar esta problemática?

As persoas peregrinas que realizan o Camiño de Santiago na compañía dos seus cans ou cadelas NON os abandonan na ruta xacobea.  

Isto é un bulo que xa tivemos que desmentir en moitas ocasións durante os anos 2018 e 2019, e que, a verdade, levavamos tempo sen ter que facelo. 

Os animais que aparecen deambulando polo roteiro Xacobeo son animais necesitados que andan na procura de auxilio e proveñen da pobación local dos Concellos polos que transita o Camiño. A única diferencia con calquera outra zona rural Galega na que, de atoparnos animáis abandonados, non lle botariamos a culpa á xente de fora, é que os animais tenden a ir polo Camiño arrastrados polo fluxo de xente que discorre en dirección a Compostela ata que algunha camiñante, máis ou menos conscientemente, máis responsable ou irresponsablemente se pare a atendelo dándolle comida e consuelo. Ademáis, os animais tenden a arrimarse ao Camiño porque normalmente non reciben malos tratos das persoas camiñantes, como sí lles ocurre cando se achegan a moitas casas ou aldeas, onde os reciben a berros, pedradas ou mesmo a balazos. 

Malia que, evidentemente, entre toda a enorme cantidade de peregrinos e turistas con can que transitan pola Ruta Xacobea hai de todo e son bastante habituais tanto as malas praxis (como por exemplo, deixar aos cans durmir en alpendres ou atados a verxas para aforras custes, traer cachorros ou non adaptar o Camiño ás necesidades dos cans) como as prácticas ou forma de tenza pouco éticas ou pouco responsables (como comprar aos animais coma se dun obxeto se tratase, colaborando así coa industria da cría de cachorros ou co tráfico de animais), o certo é que o abandono de cans no Camiño por parte de peregrinos é algo absolutamente inexistente (malia que poida existir algún caso, sería unha excepción á regra e como tal debería tratarse). Se chegara a ocurrir nalgunha ocasión, sería bastante doado atopar á persoa responsable si se quixera, pois unha peregrina con can ainda desperta curiosidade e ao longo do Camiño moitas persoas chegarían a vela e incluso falar con ela. As redes sociais, nestes casos, axudarían a identificalo en pouco tempo. 

Si sabemos, porén, de peregrinas que usaron como medio de transporte a cabalos ou burros durante o Roteiro e logo deixáronos abandonados para regresar a casa, rematando estes animais en calquera finca de algún particular ou directamente no matadeiro. Este é un dos motivos polos que non expedimos Compostelas para cabalos ou burros: por ser usados como vehículos de carga e polas malas praxis reiteradas con eles. 

Xa que logo, os animais que deambulan necesitados polos roteiros Xacobeos proveñen da propia veciñanza: maiormente cans que xa non “sirven” para a caza e producto das camadas indesexadas, correspóndelle ás Administracións locais facerse cargo destes animais, tal e como se indica na Lei 4_2017 de protección e benestar dos animais de compañía. Non está ben tirar balóns fora e dicir que estes animais son cans “que traen os peregrinos ao Camiño e logo abandonan”. 

Evidentemente, isto é costoso para calquera arca municipal, pero a solución téñena na man: identificar, esterilizar, informar, sensibilizar e cando sexa preciso, sancionar.

  • É suficiente a lei vixente?

A lexislación vixente, malia ter moitas lagunas e aspectos a mellorar en virtud da protección dos animais, sería suficiente para paliar a meirande parte do actual sufrimento dos animais de compañía se esta se cumplise. 

A Lei 4_2017 de protección e benestar dos animais de compañía establece no seu artigo 7 as obrigas, entre outras, de microchipear aos animais, de non deixalos reproducirse incontroladamente ou de proporcionar aos cans o suficiente exercizo físico e socialización dacordo as súas necesidades etolóxicas e de ofrecerlles un entorno libre de estrés e medo. No seu artigo 9, establécense entre outras, a prohibición de maltratalos, de mantelos atados, encerrados ou illados e de non proporcionarlles unha alimentación e un refuxio adecuado. Se se dera cumprimento a estas obrigas e prohibicións, a meirande parte do problema desaparecería. 

Pero nin existe un regulamento que desenvolva esta Lei, nin un orzamento establecido para darlle cumprimento á mesma, nin unha vontade real por parte dos responsables institucionais de paliar o sufrimento e a sobrepoboación de cans e gatos, polo que, na practica, non funciona máis que como papel mollado, deixando aos animais na máis absoluta indefensión e á cidadanía cunha enorme sensación de impotencia e desamparo institucional.

  • Hai tramos do camiño en que se note un maior abandono de cans?

Non, polo que nos puidemos observar, o maltrato e o abandono é máis ou menos similar en todos os Concellos rurais polos que discorre o Camiño.  O que sucede é que ainda moitos destes municipios rurais ignoran por completo as súas obrigas e responsabilidades negándose a recoller aqueles cans que aparecen deambulando por estradas e camiños, polo que estos están máis a vista de veciñas, visitantes e peregrinas, e por iso pode dar a sensación de que, por exemplo, existe máis abandono que noutros lugares. Este é o caso, por exemplo, de toda a montaña lucense, incluido a zona pola que discorre o Camiño Primitivo. Por outra banda, Concellos como Palas de Reis, Melide ou Arzúa que tampouco dispoñen (ata onde nós sabemos) de ningún servicio propio ou contratado, sí teñen nos seus termos municipais a moitas persoas sensibilizadas co sufrimento dos animais, polo que cada vez que aparece un can deambulando créase moita alarma social (moita máis que, por exemplo, na zona da montaña lucense) e o caso se visibiliza moitos a través das redes Sociais.

  • Cal adoita ser o estado dos cans que atopades? (É dicir, se teñen enfermidades, desnutrición etc). 

 

O máis habitual é atopalos desnutridos (algúns incluso con caquexia), con parasitosis fortes  e con graves traumas e medos debido aos malos tratos, presuntamente recibidos na casa da que proceden, pero tamén durante o tempo que levan intentando sobrevivir nas rúas. Tamén adoitan ter fortes parasitosis e problemas de pel. Asimesmo, é demasiado frecuente atopar animais (tanto cans coma gatos) con perdigóns por diversas partes do corpo, incluídos nos ollos, polo que case sempre temos algún can parcialmente cego por este motivo.  

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This
A %d blogueros les gusta esto: