
Entrevista para artículo de La Voz de Galicia
-
Tras un ano difícil debido a pandemia, está tendo auxe o Camiño de Santiago en compañía de mascotas?
Bueno, eu non falaría de mascotas. Este é un termo despectivo e absolutamente inadecuado para referirse aos nosos animais de compañía (máis ainda se decimos consideralos parte da nosa familia), xa que os cosifica. O termo mascota fai referencia a un obxeto que da boa sorte e dende logo, non axuda a que integremos o feito de que os animais son individuos con necesidades, capacidades e sentimentos propios, senón que perpetúa o vello concepto de animal-cousa cuxo fin único é o de entreternos ou servirnos. Igual que coa lenguaxe inclusiva por temas de xénero ou diferentes capacidades, temos que comezar a prestar atención ao uso que facemos das palabras con referencia ao animais, xa que, como ben sabemos pola experiencia coa linguaxe sexista ou non inclusivo, a linguaxe que utilizamos inflúe na nosa forma de pensar (e por tanto, de actuar), e viceversa: os nosos actos e a nosa forma de ver o mundo inflúen na linguaxe que utilizamos.
De todos xeitos, nos temos coñecemento exclusivamente dos cans e cadelas (e algún que outro gato/gata) que chegan a Compostela, non doutras especies.
Referíndonos, por tanto, a estos, sí, cada vez son máis os/as perregrinos/as que veñen facendo o Camiño acompañando aos seus humanos.
Xa o ano pasado, coa tempada tan curta e extraordinaria que tivemos, o número de cans e cadelas que chegaron a Santiago mantívose sorprendentemente ben, sufrindo un descenso moito menor que o rexistrado na Oficina de Atención ao Peregrino para as persoas peregrinas en xeral.
Porén, este ano as cifras estanse a multiplicar notablemente con referencia á pre-pandemia, é dicir, ao 2019, polo que, posiblemente, ao final de tempada poidamos ver que a porcentaxe de peregrinas con can supera moi holgadamente o 1% das peregrinas totáis e non descartamos que sobrepase incluso o 2%.
-
Hai uns anos puxéchedes en marcha a Compostela canina, cantas credenciais chegaron a venderse este ano? Tedes moitas solicitudes?
O crecemento dos/as perregrinos/as reflíctese, por suposto, no número de credenciais que vendemos pero tamén no número de peregrinas que atendemos por diversos motivos (que non só a expedición de Compostelas e distribución de credenciais): información, orientación e asesoramento no Camiño antes e durante; e asistencias puntuais no caso de incidentes ou accidentes que poden derivar nun grande problema tanto para o can/cadela como para a persoa, pola carencia de servizos que teñan en conta aos cans/cadelas ou pola inexistencia dun de emerxencias para atender aos animais.
A espera de rematar a tempada para dispor de datos definitivos, polo de agora tivemos xa que triplicar o número de credenciais expedidas pola alta demanda e sen prácticamente ampliar en número de colaboradores distribuidores. De 500 que sacabamos cada ano, pasamos xa a 1500 e está por ver que non teñamos que facer máis. (cada ano faisei unha tirada nova e esta é sempre limitada, porque se cambia parte do contido da credencial: portada e mensaxe interior coa campaña que se queira resaltar cada ano; neste 2021, por exemplo, unha das novidades é que van numeradas e realizarase un sorteo ao final de ano)
-
Existen moitas rutas para facer o Camiño, pero cal é a máis adecuada para facelo con cans?
Definitivamente non se pode falar de rutas máis ou menos adecuadas. Todas teñen carencias de servizos e etapas que poden resultar especialmente duras para os cans polo estado do firme ou os longos tramos por asfalto. O importante elexir ben a ruta e organizar as etapas tendo en conta a época do ano, a experiencia no Camiño, a capacidade física do can e cousas polo estilo. Todas as rutas se poden chegar a facer, incluso as menos preparadas, se se organiza ben previamente.
En todo caso, a ruta francesa nas súas últimas 5 ou 6 etapas segue a ser a máis elexida e a máis preparada en canto a servizos para os cans. A seguinte en afluencia é a portuguesa dende Tui. Despois en proporción similar o Camiño Norte, o Inglés e O Primitivo.
-
Qué debemos ter en conta se facemos o Camiño coa nosa mascota? Que lle aconsellarías a alguén que o fai por primeira vez?
O máis importante a ter en conta é que cando se fai o Camiño cun patudo hai que organizalo en base ás súas limitacións e priorizando sempre as súas necesidades. Nos podemos decidir descansar se estamos cansos, pero o can seguiramos en silencio incluso ata desfallecer ou facerse dano, polo que é primordial reflexionar sobre elo antes de comerzar a andar (incluso antes de organizar a viaxe), e observalo constantemente durante a ruta.
A parte desto, os pasos lóxicos para organizar o Camiño perregrino son:
– Empezar por informarse: a través de internet, foros, RRSS; contactando con algunha asociación de amigos do Camiño; ou chamando ou escribindo a APACA (apaca@paradoxahumana.com). E millor que millor, adquirindo o noso Códex Canini, o manual para facer o camiño con can onde está toda a información necesaria.
– Preparación física previa.
– Preparación sanitaria: vacinas, desparasitacións.
– Planificación da viaxe: elexir a ruta, a época do ano, organizar as etapas prestando especial atención a aquelas que son demasiado longas, dividíndoas en dúas no seu caso, reservar os aloxamentos coa suficiente antelación, prever e organizar o tema do transporte…
Non se debería facer o Camiño con can no caso de que:
– Non se coñeza o suficiente ao animal ou non haxa un bo vínculo entre can-persoa responsable.
– O can sexa cachorro (normalmente ata os 9-10 meses)
– O animal sexa demasiado vello ou estea enfermo
– Vaias a facer longas distancias e non dispoñas do tempo, experiencia e recursos necesarios
– Se o teu can é de nariz chata ou braquicéfalo
– Te tomes o Camiño como unha carreira ou competición.
En todos estes casos, é millor deixar ao can na casa.
En catro palabras: AMOR, EMPATÍA, LÓXICA e RESPONSABILIDADE.
-
Hoxe en día é fácil atopar aloxamento para pasar a noite co noso can?
Cada vez é máis doado pero ainda non se pode dicir que haxa un ratio aceptable de establecementos que admitan cans. Os propietarios e xerentes van abríndose motivados pola alta demanda, pero os Albergues Públicos seguen vetando o acceso aos patudos o cal limita moito as opcións e condiciona o estilo de peregrinaxe.
Desde APACA actualizamos constantemente o noso listado de aloxamentos dogfriendly na nosa web excluindo aqueles que admiten cans pero baixo condicións que non consideramos aceptables ben por que discriminan en función do peso ou do tamaño (fat shaming), porque non pretenden que se deixe aos animais en caniles, ou porque aceptan ou non a reserva dependendo da clientela que teñan (se teñen máis clientes, non os admiten, se teñen pouca, sí). Esta actitudes non as consideramos éticas nin acordes cos Valores Universais e do Camiño e polo tanto, non é o modelo de establecemento que promocionamos dende a Asociación. https://paradoxahumana.com/onde-durmir-e-xantar-no-camino
-
Económicamente supón algún tipo de cambio entre facer o Camiño sen o noso can ou sen el?
Por suposto. Facelo con can é bastante máis caro. Para un mesmo perfil de persoa peregrina, facer o Camiño con can ben pode costarlle o doble do que lle costaría facelo sen él. Encarece, non só a menor demanda de aloxamentos e o feito de ter que escoller case sempre habitacións privadas, senón tamén a dificultade e falta de servicios públicos de transporte nos que poidan viaxar os animais, o que obriga na meirande parte das veces a chegar ao inicio do Camiño en vehículo propio. Por non falar do feito de que moitas veces teñen que pagar servizos de gardería ou similiares se queren acceder a recoller a súa Compostela na Oficina de Atención ao Peregrino, visitar a Catedral ou asistir á Misa do Peregrino