APACA, é unha asociación protectora de animais creada no ano 2015 na localidade de Arzúa, con ámbito autonómico.
Comezou, como tantas outras protectoras, coa labor asistencial realizada por un puñado de mulleres que asistían cos seus propios medios humanos e económicos a cans/cadelas e gatos/as, abandonadas, perdidas ou accidentadas, neste caso, ao longo do Camiño Francés na provincia de A Coruña, suplindo con elo a inoperancia neste senso das Administracións locais na Ruta Xacobea no rural galego.
Por tanto, o motivo principal da creación da asociación en 2015, é a situación de desamparo dos animais ao longo do Camiño de Santiago en Galicia e a indiferencia e falta de asunción de responsabilidades por parte de quen ten a competencia legal neste ambeto, que son os Concellos.
Co paso do tempo, ás áreas de traballo en APACA diversifícanse e ábrense novas actividades co obxectivo de actuar directamente sobre as causas que orixinan os abandonos e os maltratos.
No 2017 chegamos a Santiago de Compostela coa intención de romper o aillamento ao que estaba sometida esta loitadora entidade no rural galego e abrimos unha oficina de atención ao público dende a que centralizamos a nosa actividade e puidemos dar cabida adecuadamente a estas novas áreas de traballo, á vez que fixemos escoitar a nosa voz a toda a sociedade.