
ADOPTA
A adopción é o proceso de facerse cargo dun animal que previamente o seu dono abandonou, maltratou ou que chegou á protectora por causa de camadas indesexadas, entre os motivos máis habituais.
Adoptar significa incorporar á familia un novo membro e responsabilizarse del para sempre (e decir, durante toda a vida do animal). Non é algo transitorio e non se pode facer por impulso, polo que hai que meditar e valorar as nosas circunstancias persoais, incluindo non só as individuais, senón tamén ás da familia no seu conxunto xa que o animal chega para ser parte da unidade de convivencia e, como mínimo, ten que haber consenso no grupo familiar para elo.
Ao adoptar estás a dar unha segunda oportunidade a un ser que foi refugado, maltratado ou froito dá inconsciencia humán e por iso carece de fogar e de familia. Pero tamén é unha oportunidade para ti porque a experiencia de axudar a un animal que sufríu este desamparo é algo único que chega ao máis profundo do corazón, sobre todo pola capacidade que teñen estes seres de empatizar connosco e de transmitirnos o seu agradecemento. Calquera que adoptase a un destes animais sábeo ben.
Amáis, está demostrado que os animais, sobre todo os cans, axudan ao benestar psicolóxico, reducen o estres e axúdannos a socializarnos, entre outros moitos beneficios para a saúde.
Para adoptar en APACA terás que realizar previamente unha entrevista connosco para que poidamos evaluar as túas circunstancias persoais e ofrecerche o can, cadela, gato ou gata que máis se adapta ás túas necesidades e posibilidades. Con elo, evitamos problemas ou incompatibilidades futuras entre ti ou a túa familia e o novo membro e nos aseguramos de que a adopción sexa todo un éxito.
As adopción realízanse sempre a través do correspondente CONTRATO DE ADOPCIÓN. Os animais, sexan machos ou femias, danse sempre castrados e, madia leva, vacinados e co seu correspondente microchip.
En APACA non temos a intención de “desfacernos” dos animais que entran na protectora. Rescatámolos da rúa ou de calquera outra situación de perigo, para que pasen a ter unha vida millor. Se a persoa adoptante non pode ofrecer as garantías necesarias, non se entregará ao animal. Os nosos cans e gatos viven en casas de acollida, polo que, normalmente, están socializados e máis o menos recuperados dos seus traumas físicos, psicolóxicos e emocionais. E decir, connosco están acostumados a recibir cariño e compañía, ademáis de protección e alimento. Os novos fogares ou familias deben cumprir tamén este requisito.
Hai un anxo agardando por ti. ¿queres coñecelo? Pica aquí ou ponte en contacto con nosco
ACOLLE
AMADRIÑA – APADRINA
Se queres axudar a un can ou gato abandoado no Camiño, pero non tes tempo, espazo na casa ou calquera outro impedimento que che permita telo contigo… Se adoptarías sen pensalo a un deses seres víctimas de tanta crueldade, ignorancia e indiferencia… pero non podes facelo por diferentes motivos… ¡¡AMADRIÑA!!
Amadrinar significa facerse cargo de parte do gasto que conleva o coidado dun animal e estar pendente da súa vida, da súa evolución…e tomar parte nas decisións máis relevantes que lle afectan, como pode ser, por exemplo, unha adopción ou operación.
Como mínimo, amadrinar a un can ou cadela son 60 € ao mes, pero cada caso pódese valorar independentemente.
Coas madriñas e padriños mantense unha comunicación constante, a través de fotos, vídeos e informes do día a día do animal. Se estás cerca, ademais, podes compartir todos os momentos que queiras con él, sacándoo a pasear, levándoo á praia ou á montaña, compartindo un día tranquilo de casa ou simplemente vindo a visitalo. Pero se estás lonxe, coa tecnoloxía de hoxendía podes chegar a velo incluso a diario.
Xa non hai excusas, se queres axudar, podes. E serás parte da súa vida. E él/ela da túa.
Elixe ao animal que queres amadrinar / apadrinar ou ponte en contacto para informarte.