PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DE APACA
O voluntariado é unha parte imprescindible en calquera asociación. De feito, practicamente todo o traballo que move esta protectora é de carácter voluntario.
O voluntariado é participación activa; colaboración; apoio mutuo; convivencia; camaradería…
Traballar por un mundo mellor de maneira divertida e coñecendo a outras persoas coas nosas mesmas inquedanzas.
Ademáis, o voluntariado xuvenil abre portas na futuro profesional. Prepáranos, fórmanos e acredítanos antes outras entidades ou empresas.
O voluntariado é unha fórmula que se adapta ás nosas posibilidades e gustos. Ti mesmo podes definir a túa participación en canto a área de traballo e tempo de traballo.
Cales son os requisitos para ser voluntaria/o de APACAS:
- Ser amante dos animais ou mostrar claras actitudes de respecto e compromiso cara os mesmos.
- Ser maior de idade.
- Ter unha forma física aceptable para poder realizar determinadas tarefas (limpeza, coidado dos cans, caminatas, etc), excepto para os casos de actividades exclusivas de oficina ou virtuais, que se valorarán aparte.
- Disposición para realizar as tarefas e actividades programadas pola asociación.
- Responsabilidade cos compromisos adquiridos
Que ofrece a asociación ás persoas voluntarias?
- Coñecemento e experiencia no sector.
- Información e formación sobre as actividades da asociación.
- Seguro de RC e voluntariado.
- Trato familiar e cordial.
- Convivencia coas socias que traballan diariamente na protectora.
- Convivencia coas outras persoas voluntarias.
- Realizar diferentes tarefas diarias, de xeito que a actividade sexa mais gratificante.
- Compensación por gastos de transporte e manutención.
- Reembolso dos gastos que se lle ocasione con motivo da realización da actividade.
- Acreditación do seu tempo como voluntaria/o na entidade.
- Respecto e recoñecemento pola súa labor e contribución.
¿Queres saber qué podes facer como VOLUNTARIO/A?