O aumento dos animais de compaña tamén faise notar no mundo da Peregrinación no Camiño de Santiago. Cada vez son máis aqueles que se deciden a facer o Camiño acompañados das/os súas/eus amiga/os canina/os. Por tanto, o entorno social e empresarial temos que adaptarnos a este fito para facilitar (e permitir) ás persoas e aos seus animáis este modelo de peregrinación e, ao mesmo tempo, fomentar o comercio local e a sensibilización da vecindade e da poboación en xeral en materia animal.
APACA, está a comezar a facerse eco desta nova realidade, xa que ademáis atañe directamente ao noso sector e ámbeto de actuación.