¿Están os teus CANS e GATOS esterilizados e identificados?

O microchipeado dos cans e o control da reproducción de cans e gatos é unha obriga dos propietarios e responsables dos animais.

Ter aos teus animais sen identificar ou deixalos reproducirse descontroladamente pode conlevar sancións de ata 5000 €.

Evitalo está nas túas mans!

É doado, barato e ademais unha mostra de

responsabilidade e intelixencia!

¿QUEN pode acollerse á campaña?:

Todos os habitantes dos Concellos polos que transite o Camiño de Santiago en Galicia (ter en conta que as intervencións realizaranse na clínica Arsorvet, de Arzúa, polo que si vives lonxe de aquí posiblemente non te compense o desprazamento)

¿CANTO me vai costar?

Establécense 3 tramos de prezos.

1– Prezos reducidos e especiais vixentes tan só durante o período de vixencia desta campaña segundo a seguinte táboa:

2– Bonificaranse cunha reducción adiccional do 50 % sobre os prezos detallados na táboa, cando na unidade de convivencia os ingresos totais anuais non superan (porcentualmente) o SMI por persoa maior de 18 anos. No caso de familias monoparentais incluirase no cómputo o primeiro fillo. Esta situación deberá acreditarse documentalmente. Sería o caso, por exemplo, dunha familia de catro membros, dous adultos e dous nenos, no que un adulto traballa e gaña 1500 € e outro ten unha pensión de 400 €. Os ingresos, 1900 € mensuais, repartidos entre os dous adultos, non superan os 950 €, que é o SMI, polo que poderían acceder á reducción adiccional do 50%, sempre que esta situación se manteña no cómputo anual.

3Será GRATUITO se unidade de convivencia presenta ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou están todos os seus membros en situación ou risco de exclusión social. Estas circunstancias deberán ser acreditadas polos Servizos Sociais do Concello que terá tamén en conta a situación patrimonial da familia.

VANTAXES DA ESTERILIZACIÓN DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA

  • Evitar as camadas non desexadas.

  • Reducir a poboación de cans e de gatos.

  • Paliar o sufrimento dos animais e por freo á práctica ilegal de matar ou abandonar ás camadas recen nadas.

  • Evitar problemas xinecolóxicos nas femias, especialmente o cáncer de mamas e os tumores nos órganos reproductores, así como diversas infeccións.

  • Previr os problemas de socialización, amansar o carácter e mellorar o comportamento dos animais, sobre todo dos machos.

  • Reducir gastos de recollida, xestión, coidados e reubicación dos animais procedentes das camadas indesexadas ou doutros que finalmente son abandonados.

VANTAXES DO MICROCHIPEADO DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA

  • Evitar as perdas definitivas dos nosos cans e gatos e poder recuperalos cando se nos perden ou escapan.

  • Dificultar os roubos dos nosos animais.

  • Facilitar a tarefa das Administracións, autoridades e protectoras cando se atopa un animal extraviado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This