CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN E MICROCHIPEADO 2022
Como cada ano, APACA lanza a campaña de esterilización e microchipeado de cans e gatos en Concellos polos que discorre algúns dos roteiros xacobeos.
Este neste caso ofertamosa actividade en tres modalidades:
1- Campaña aberta dende o 01 de xaneiro ata o 31/10 para calquera veciña algún dos Concellos polos que discorre o Camino de Santiago en Galicia. Os prezos e condiciones serán negociables en función do caso concreto. Solicitudes a través do email: apaca@paradoxahumana.com
2- Campaña en colaboración co Concello de Vedra dirixida a toda a veciñanza do municipio. A solicitar exclusivamente dende entre o 15/09/2022 ata o 15/10/2022. Establecemos 3 tramos de prezos en función da condición socio-económica da persoa solicitante. Solicitudes a través do email: anessa.crespo@concellodevedra.gal
3- Campaña dirixida á poboación dos Concellos de O Pino, Melide e Arzúa, a solicitar entre o 15/09/2022 ata o 20/10/2022. Establécense 2 tramos de prezos, dependendo da condición socio-económica da persoa solicitante. Solicitudes a través do email: apaca@paradoxahumana.com
En calquera caso, a veciñanza, sexa cal sexa a súa condición económica poderán acollerse a descontos de entre 40% e 50% dos prezos habituais, chegando a poder ser o servizo completamente gratuito no caso de unidades familiares con vulnerabilidade económica.
Colaboran:
Turismo de Galicia, Clínica Veterinaria Arsovet, Concello de Vedra, Sara Escudero e Tresha Mandel and Friends
Resultados da Campaña
(só datos da actividade de setembro e outubro):
Persoas usuarias totais da campaña: 109
Animais totais atendidos: 190
Microchips colocados: 80
Esterilizacións realizadas: 137
Total intervencións rexistradas: 237