Seleccionar página

Definición de Economía Social:

Segundo a definición dada polo Goberno de España na Ley 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social, denomínase economía social ao conxunto das actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen: ou ben o interese colectivo dos seus integrantes; ou ben o interese xeral económico ou social; ou ambos.

Polo tanto, son entidades da economía social segundo a nosa lexislación as seguintes:

  • Cooperativas
  • Fundacións
  • Organizacións sen ánimo de lucro que desenvolvan unha actividade económica.
  • Sociedades laborais
  • Empresas de inserción
  • Centros especiais de emprego
  • Sociedades agrarias de transformación
  • Confrarías de pescadores
  • Mutualidades
  • Outras entidades singulares creadas por normas específicas que se rexan polos mesmos principios comúns que as anteriores.

 

As entidades da economía social actúan en base aos seguintes principios orientadores:

a) Primacía das persoas e do fin social sobre o capital que se concreta en xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de decisións mais en función das persoas e das súas achegas de traballo e servizos prestados á entidade ou en función do fin social, que en relación as súas achegas ao capital social.

b) Aplicación de los resultados obtidos de la actividade económica principalmente en función del traballo aportado y servizo o actividade realizada por las socias y socios o por sus miembros y, en su caso, al fin social objeto de la entidade.

c) Promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a sostenibilidade.

d) Independencia respecto a los poderes públicos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies