Dende Apaca queremos agradecer a solidariedade de veciñas e veciños de Melide que anonimamente foron enchendo o bote de donativos que tiñamos na Clínica Veterinaria Melide, así como a esta pola súa colaboración.
Esta é unha mostra máis de que, alí onde non chegan as administracións (ou non queren actuar) está a xente de bó corazón responsabilizándose das carencias da nosa sociedade e colaborando no círculo do benestar social.
Grazas por apoiar a nosa labor.

Comentarios recientes