Seleccionar página

Raquel Freiria Mato

Fundadora de Paradoxa Humana

Traballei como xerente e directora de entidades da economía social durante 12 anos, especializándome en cooperativismo e entidades non lucrativas.

Por outra banda, estiven implicada dende temprana edade nos movementos sociais, especialmente na procura de calidade de vida para persoas en situación de exclusión e no traballo de respeto á natureza e a todos os seres.

Ao longo de todo este tempo de traballo, ilusión, compromiso, aprendizaxe, convivencia, loitas, fracasos, logros,… ademais de acumular unha importante experiencia no desenvolvemento e organización de proxectos da economía social, aprendín de moitos ámbitos, especialmente da organización social e fun quen de extraer certas conclusións que agora considero un importante activo que desexo por en valor e a disposición das persoas e da natureza, a través de Paradoxa Humana.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies