Publicado o 22/09/2019 14:24

Contámoslles agora a historia de Way, un can que atoparon uns australianos que facían o Camiño de Santiago. Acompañounos durante parte do percorrido. E se non lle aparece outra familia, o máis probable é que o seu futuro estea en Australia.

Esta cara bonita é a de Way, un can dos tantos que hai no Camiño que sofren a perda ou o abandono, pero a diferenza de moitos, el está predestinado para un final feliz, xa que cando vagabundeaba en busca de comida e afecto deu con Sandra e Bill, dous autralianos que non miraron para outro lado. O can apareceulles no medio do bosque, e seguiunos durante varios días ata que chegaron á Fonsagrada.

“Non tiña microchip e as autoridades dixéronnos que estaría seguro e que xa aparecería o seu dono. Pero o can volveu aparecer na rúa”, cóntanos Sandra. De xeito que hoxe volveron dende Santiago á Fonsagrada a buscar o can. Fixeron unha parada en Lugo para que o animal non se estresase e para contarnos a historia.

Na viaxe acompañounos Santiago, presidente da Asociación Protectora de Animais do Camiño. A Bill, o home de Sara, encantoulle facer o Camiño, pero tamén volve para Australia desgustado, porque di que atoparon moitos cans constantemente atados e sempre fóra da casa. “En Australia non facemos isto”, comenta, “temos os cans dentro”.

O matrimonio comprometeuse co futuro de Way; amadriñárono e van pagar os seus gastos veterinarios e a súa manutención ata que lle apareza unha familia aquí. Se non lle atopan familia é posible que volvan dende Australia por Way; non serían os primeiros, hai unha muller xaponesa que volve este Nadal para levar outro can abandonado que atopou no Camiño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This