APACA lanzamos o noso primeiro proxecto documental, Os Valores do Camiño. Nesta peza audiovisual, co-financiada polo programa O Teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia, abordamos, a través da experiencia de realización do Camiño por dúas equipas de perregrinas e de entrevistas realizadas diversos axentes sociais e institucionais do Camiño, as seguintes temáticas: o Camiño de Santiago con can; a situación dos animais nas zoas rurais que atravesa; e o coñecemento e práctica dos Valores. Contamos coa colaboración especial, como unha das equipas perregrinas, de Sara Escudero e a súa cadela Zuri.
